Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Venres, 20 de novembro de 2015 Páx. 44027

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 5 de novembro de 2015, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, polo que se notifica a resolución ditada no expediente de axudas á paralización definitiva do buque pesqueiro San Pedrito, PE 104I/2015/38-0.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 258, do 27 de novembro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo.

A eficacia do acto notificado queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que os prazos se computarán desde esa publicación.

Este anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido da persoa interesada, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, co obxecto de que se proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica da Consellería do Mar, sita no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición, ante a conselleira do Mar, no prazo dun mes, ou ben recurso contencioso-administrativo, ante o órgano competente desta orde xurisdicional, no prazo de dous meses contados en ambos os dous casos a partir do día seguinte ao da publicación no BOE.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2015

Juan Carlos Maneiro Cadillo
Director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica

ANEXO

Beneficiario: Leonardo Jaime Villanueva Haro, representante de VCH, S.C.

NIF: J70272604.

Número de expediente SXPA: PE 104I/2015/38-0.

Buque pesqueiro: San Pedrito (3ª FE-4-3033).

Acto de notificación: resolución do recurso de reposición, do 19 de setembro de 2015, da conselleira do Medio Rural e do Mar, ditada en expediente de axudas á paralización definitiva do buque pesqueiro San Pedrito, PE 104I/2015/38-0.

Último enderezo coñecido: rúa Rafael Bares Vázquez, número 28, 4º, 15009 A Coruña.