Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: A Batundeira, nº 2, 32960 Velle.
Denominación: recuamento LMT CAS802 entre apoios 51-5 e 51-7.
Situación: Ribadavia.
Características técnicas:
LMT subterránea a 20 kV de 272 m, con condutor RHZ1-12/20 kV 3×150 mm2 Al con orixe en apoio metálico proxectado da LMT CAS802 na derivación aos CT 322C33 e 32AV61 e remate en apoio metálico proxectado na mesma derivación.
Orzamento: 37.687,73 euros.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1, 4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.
Ourense, 27 de outubro de 2015
Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense