Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Venres, 20 de novembro de 2015 Páx. 43998

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 22 de outubro de 2015, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres, devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente OU-00351-O-2015 e dous máis).

A persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade ditou a resolución dos expedientes sancionadores OU-00351-O-2015 e dous máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanselles as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Son informadas de que os expedientes sancionadores están á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas na praza de Europa, 5A, 2º, en Santiago de Compostela.

Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada, ante a persoa titular da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

As sancións impostas foron aboadas anticipadamente cunha redución do seu importe conforme o previsto no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2015

Mercedes López Caneda
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto
cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

OU-00351-O-2015

0254-FNH

Garda Civil 3201 L82181K

Desmaco, S.L.

B32197105

Rúa do Agro

32700 Maceda (Ourense)

A utilización do tacógrafo sen realizar a súa calibración ou revisión periódica nos prazos e forma establecidos.

9.3.2015; 10.05; A-52; 262

Art. 140.34 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 euros

PO-03467-O-2014

6176-HBV

Garda Civil 3603 A23980M

Viajes Alfonsín, S.L.

B36155539

Paradela, A Goulla

36637 Meis (Pontevedra)

Diminución do descanso diario fraccionado en máis de 2 horas (sobre 3+9 horas). Igual ou superior a 6 horas e inferior a 7 horas.

15.10.2014; 14.01; EP2603; 2,1

Art. 140.37.5 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 euros

PO-03469-O-2014

6176-HBV

Garda Civil 3603 A23980M

Viajes Alfonsín, S.L.

B36155539

Paradela, A Goulla

36637 Meis (Pontevedra)

Diminución do descanso diario fraccionado en máis de 2 horas (sobre 3+9 horas). Igual ou superior a 4 horas e 30 minutos e inferior a 6 horas.

15.10.2014; 14.01; EP2603; 2,1

Art. 140.37.5 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.500 euros