Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Venres, 20 de novembro de 2015 Páx. 43977

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 270/2015).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais número 270/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Celia Tubío Dosil contra a empresa Gallega de Servicios de Despiece, Reparto y Restauración, S.L. sobre reclamación de cantidade, se ditou auto e dilixencia de ordenación con data do 28.10.2015, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do auto:

«Parte dispositiva.

Dispoño.

Despachar orde xeral de execución do título indicado a favor da executante Celia Tubío Dosil fronte a Gallega de Servicios, Despiece, Reparto y Restauración, S.L., parte executada.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei de xurisdición social, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición que se deberá interpor no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da/das infracción/s cometida/s na resolución, cumprimento ou incumprimento de presupostos e requisitos procesuais exixidos e/ou oposición á execución despachada, nos termos previstos no artigo 239.4 da Lei reguladora da xurisdición social, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

O/a maxistrado/a xuíz/a O/a secretario/a xudicial»

E dilixencia de ordenación:

«Dilixencia de ordenación.

Secretaria xudicial, Susana Varela Amboage.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2015.

Tendo presentado a traballadora Celia Tubío Dosil demanda de execución en que solicitaba a extinción da relación laboral coa empresa polo empresario Gallega de Servicios, Despiece, Reparto y Restauración, S.L. por falta de exercicio da opción establecida na sentenza de despedimento, e unha vez despachado auto de execución do día da data, de conformidade co artigo 280 da Lei de xurisdición social, acordo:

Citar de comparecencia as partes e o Fondo de Garantía Salarial, coas advertencias legais e facéndolles saber que deben asistir cos medios de proba de que se intenten valer, e fixo o próximo día 1.12.2015, ás 9.40 horas, para a celebración da comparecencia.

Remítanse as oportunas cédulas de citación ás partes e á demandada Gallega de Servicios, Despiece, Reparto y Restauración, S.L. Cítense por medio de edictos que se inserirán no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

De non asistir o/os traballador/es ou persoas que o/os represente, considerarase que desiste/n da súa solicitude; de non asistir o empresario ou o seu representante, terá lugar o acto sen a súa presenza.

Póñase en coñecemento do Rexistro Público Concursal o auto do 28 de outubro de 2015 polo cal se despacha execución, con expresa especificación do número de identificación fiscal do debedor contra o cal se despachou execución (artigo 551.2 da LAC, epígrafe final).

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei de xurisdición social, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición, que se deberá interpor ante quen dita esta resolución, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción que contén a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A secretaria xudicial».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Gallega de Servicios de Despiece, Reparto y Restauración, S.L., expido este edicto.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2015

A secretaria xudicial