Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Xoves, 19 de novembro de 2015 Páx. 43879

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vedra

ANUNCIO de exposición pública do Plan especial de protección e integración paisaxística de actuación na ordenanza U-4 de predios singulares en solo urbano (Casa de Louzao).

Aprobado inicialmente por Acordo da Xunta de Goberno Local, en sesión do 15 de outubro de 2015, o proxecto de Plan especial de protección e integración paisaxística de actuación na ordenanza U-4 de predios singulares en solo urbano (Casa de Louzao), no lugar de Vista Alegre (A Ponte Ulla), neste termo municipal. De conformidade co artigo 86.1.a) da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública polo prazo dun mes mediante anuncios que se publicarán en dous xornais da provincia e no Diario Oficial de Galicia.

Durante o mencionado prazo, que empezará a contarse desde a publicación deste anuncio no DOG, poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes.

Suspéndese o outorgamento de licenzas naqueles ámbitos do territorio obxecto de planeamento cuxas novas determinacións supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente.

Vedra, 20 de outubro de 2015

Carlos Martínez Carrillo
Alcalde