Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Mércores, 18 de novembro de 2015 Páx. 43660

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 5 de outubro de 2015 de emprazamento para o trámite de audiencia no expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/37/2014-RP1, devolta polo servizo de Correos por resultaren os seus destinatarios ausentes na repartición.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, publícase o emprazamento a David Cancio Morodo e Idalia Meilán Rodríguez, para o trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/37/2014-RP1, en relación coas obras de construción dunha vivenda unifamiliar de planta baixa, que se levan a cabo no lugar de Vilaverde, no termo municipal de Lugo.

O expediente relacionado atópase á disposición dos interesados na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados disporán dun prazo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para alegar e presentar os documentos e informacións que consideren pertinentes.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2015

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística