Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Mércores, 18 de novembro de 2015 Páx. 43649

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 8 de outubro de 2015, da Secretaría Xeral do Medio Rural e Montes, polo que se lles notifica ás persoas interesadas o requirimento de documentación do expediente de subvención 11150009/2009 e un máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada a notificación sen que se puidese practicar, notifícase ás persoas interesadas, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), e que se sinalan no anexo, o requirimento de emenda de documentación en relación con varios expedientes de subvención. Así mesmo, de conformidade co artigo 71.1 da citada lei, infórmanse os interesados de que, se non emendan a falta ou xuntan os documentos preceptivos nun prazo máximo de dez días, se terán por desistidos da súa petición, logo de resolución ditada nos termos previstos no artigo 42 da devandita lei.

O presente anuncio expídese para que conste e lle sirva de notificación aos interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da xa citada Lei 30/1992, do 26 de novembro. Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que se fai constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2015

Tomás Fernández-Couto Juanas
Secretario xeral do Medio Rural e Montes

ANEXO

Expediente: 11150009/2009.

Interesado: Manuel Budiño Pereiro.

Último enderezo coñecido: avenida de Glasgow, 18, 7º C, 15008 A Coruña.

Asunto: requirimento de emenda da documentación indicada na Orde do 26 de febreiro de 2009 pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2009 as axudas para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas.

Expediente: 11270045/2009.

Interesada: Concepción Álvarez Fernández.

Último enderezo coñecido: O Vilar dos Adrios, 10, A Fontaneira, Baleira (Lugo).

Asunto: requirimento de emenda da documentación indicada na Orde do 26 de febreiro de 2009 pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2009 as axudas para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas.