Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Mércores, 18 de novembro de 2015 Páx. 43601

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

CÉDULA do 14 de outubro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se lles notifica ás persoas interesadas a resolución de desistencia e arquivamento da solicitude de inscrición no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia.

En cumprimento do disposto nos artigos 58, 59.5, 60 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de que se intentase en dúas ocasións a notificación persoal no último domicilio coñecido, mediante esta cédula notifícaselles aos interesados, cuxos datos e domicilio se mencionan no anexo, a resolución de desistencia e arquivamento da solicitude de inscrición no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia, tramitada ao abeiro do disposto no Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o dito rexistro.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación, consonte o previsto no artigo 114 da citada Lei 30/1992.

A eficacia desta cédula quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Pontevedra, 14 de outubro de 2015

José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Credencial

Nome e apelidos

DNI/NIE

Enderezo

CP

Concello

71848

Óscar Alejandro Zamora Figueroa

54430359P

Xílgaro, 42, casa

36205

Vigo

72129

Beatriz Sánchez García

77410515J

San Antoniño, 67, 3º alto, esq.

36002

Pontevedra

72205

Lorena Ballesteros Rodríguez

36160816D

Avda. de Vigo, 156, 2º, Chapela

36320

Redondela

72239

Graciela Rodríguez Fernández

36163786N

México, 15, 4º C

36204

Vigo