Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Mércores, 18 de novembro de 2015 Páx. 43687

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 3 de novembro de 2015 pola que se notifica resolución de incautación da embarcación Antigua II, depositada en seco no porto de Combarro.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 15/2014, do 16 de setembro (BOE núm. 226, do 17 de setembro) de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase á mercantil Inversiones Mapama, S.L., con último domicilio coñecido en rúa do Progreso, 36, 3º B, de Vigo (Pontevedra), resolución do presidente de Portos de Galicia do 7 de outubro de 2015, que decreta a incautación para proceder ao alleamento e aplicación do produto da venda aos créditos pendentes a favor desta entidade, da embarcación Antigua II, con matrícula 7ª-BA-2-517-92, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que, a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

A resolución emítese a causa do abandono e ausencia de actividade da embarcación,e falla de aboamento das taxas debidas a Portos de Galicia, conforme o establecido na regra décimo quinta de aplicación á tarifa portuaria E-2 prevista na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, e no artigo 49 do Regulamento de servizo e policía aprobado por Orde ministerial do 12 de xuño de 1976.

O expediente completo para o seu exame e consulta está na sede dos servizos centrais de Portos de Galicia, sitos na praza de Europa, número 5-A, 6º, de Santiago de Compostela.

A presente resolución esgota a vía administrativa, e contra ela poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela que corresponda, nun prazo máximo de dous meses contados a partir do seguinte ao da publicación desta notificación no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2015

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia