Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Martes, 17 de novembro de 2015 Páx. 43438

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 19 de outubro de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador MON-LU-127/2015-ASV e un máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 e novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, logo de ser intentada a notificación persoal en dúas ocasións, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para ser notificados por comparecencia. Así mesmo, a eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberase efectuar, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería do Medio Rural, sita na rolda da Muralla, nº 70.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, as notificacións entenderanse producidas desde o día seguinte.

Lugo, 19 de outubro de 2015

José Ramón Losada Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: MON- LU-127/2015-ASV.

Interesado: Manuel López Rodríguez.

Acto notificado: proposta de resolución.

Expediente: MON- LU-130/2015-ASV.

Interesado: José López López.

Acto notificado: proposta de resolución.