Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Martes, 17 de novembro de 2015 Páx. 43334

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2015, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 29 de decembro de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades colaboradoras de pesca fluvial para o fomento da riqueza piscícola e se convocan para o ano 2015.

A Orde do 29 de decembro de 2014 da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas estableceu as bases reguladoras e convocou para o ano 2015 as axudas a entidades colaboradoras de pesca fluvial para o fomento da riqueza piscícola.

Segundo o establecido no artigo 14 das citadas bases e de conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xullo, de subvencións de Galicia, a Dirección Xeral de Conservación da Natureza dará publicidade no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e crédito orzamentario a que se imputan, a beneficiaria e a cantidade concedida, e da finalidade ou finalidades da subvención.

Estas axudas fináncianse con cargo ao Plan de desenvolvemento rural sustentable, cunha achega do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente do 50 % e da Xunta de Galicia do 50 %, dentro do Convenio entre o Magrama e a Comunidade Autónoma de Galicia, para a execución, seguimento e avaliación das accións incluídas nos plans de zona das súas zonas rurais.

De acordo co anterior,

RESOLVO:

Facer pública a aprobación das axudas que se relacionan como anexo a esta resolución, axustándose aos principios de publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación, para as cales a secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, no desenvolvemento das súas funcións delegadas nas bases reguladoras destas axudas, formulou resolución de concesión o 14 de outubro de 2015:

a) Norma reguladora da convocatoria: Orde do 29 de decembro de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades colaboradoras de pesca fluvial para o fomento da riqueza piscícola e se convocan para o ano 2015.

b) Aplicación orzamentaria: 07.05.541B.781.0.

c) Finalidade da axuda: fomento da riqueza piscícola.

d) Destinatarias: sociedades ou asociacións que teñan o nomeamento de entidade colaboradora, de conformidade co disposto na Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial, e no Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2015

Ana María Díaz López
Directora xeral de Conservación da Natureza

ANEXO

Beneficiaria

Importe (€)

Sociedad de caza y pesca de Silleda

3,618.33

Sociedad de caza y pesca de Lalín

4,550.00

Sociedad deportiva Río Ulla

7,800.00

Sociedad de caza e pesca A Laxe

1,007.50

Sociedad de caza y pesca Verdeseixo Ponte Caldelas

6,061.25

Sociedade de pesca deportiva Arenteiro

5,416.67

Sociedade de pesca Alaricana

2,314.04

Sociedade deportiva de pesca Pontegrande

2,314.04

Sociedade de pesca de Laza

2,024.79

Sociedad de caza y pesca Azor

7,800.00

Sociedad de caza y pesca La Venatoria de Bergantiños

2,148.01