Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Luns, 16 de novembro de 2015 Páx. 43280

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se anuncia o procedemento aberto, con tramitación ordinaria e suxeito a regulación harmonizada, para contratar o servizo de limpeza de residencias de maiores (expediente 63/2015).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Xestión Económica.

2º. Enderezo: avda. Salvador de Madariaga, nº 9-1º andar, C.C. Elviña, 15008 A Coruña.

3º. Teléfono: 981 18 57 10.

4º. Fax: 881 88 12 50/981 18 57 01.

5º. Perfil do contratante: http:// www.contratosdegalicia.es

6º. Data límite de obtención de documentación e información: 23 de novembro de 2015.

d) Número de expediente: 63/2015.

e) Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea (DOUE): 28 de outubro de 2015.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de limpeza de cociña, determinadas zonas comúns (almacéns, garaxes...) e cristais en residencias de maiores dependentes da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Política Social.

c) División por lotes: non.

d) Prazo de execución: desde o 1 de xaneiro de 2016 ata o 31 de decembro de 2017.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 90911200.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria, suxeita a regulación harmonizada e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os establecidos no prego de cláusulas administrativas.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: novecentos dezaoito mil noventa e un euros con noventa céntimos (918.091,90 €). IVE (21 %): cento noventa e dous mil setecentos noventa e nove euros con trinta céntimos (192.799,30 €). Importe total: un millón cento dez mil oitocentos noventa e un euros con vinte céntimos (1.110.891,20 €).

5. Garantías exixidas.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo U, subgrupo 1, categoría C.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares no punto 4.3.1 c).

7. Presentación de ofertas e de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 23 de novembro de 2015.

b) Modalidade de presentación: a establecida no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación.

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Política Social.

2º. Domicilio: avda. Salvador de Madariaga, nº 9-1º andar, C.C. Elviña, 15008 A Coruña.

Ou calquera das formas previstas no artigo 80 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 3 meses.

8. Apertura de ofertas.

a) Enderezo: avda. Salvador de Madariaga, nº 9-1º andar. C.C. Elviña. 15008 A Coruña.

b) Apertura de ofertas: ás 9.00 horas do 3 de decembro de 2015.

9. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario, ver prego de cláusulas administrativas particulares no punto 6.6.4.

10. Outras informacións: ver pregos (http://www.contratosdegalicia.es/licitacion?N=23609)

A Coruña, 3 de novembro de 2015

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña