Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Luns, 16 de novembro de 2015 Páx. 43276

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 27 de outubro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2015198AL-CO, por infraccións en materia sanitaria.

O 7 de outubro de 2015, a xefa territorial da Consellería de Sanidade da Coruña ditou a resolución do expediente sancionador 2015198AL-CO incoado a Asier Sanmartín Esteban.

Intentada a notificación da resolución segundo o disposto no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do dito artigo, notifícase a Asier Sanmartín Esteban o contido da referida resolución que figura como anexo para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña e a obter, de ser o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

No caso de estar de acordo co contido desta resolución o aboamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte, e 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; mediante o ingreso que poderá efectuar en calquera entidade bancaria colaboradora, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias da xefatura territorial.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificado pola Lei 15/2014, do 16 de setembro (BOE nº 226, do 17 de setembro).

A Coruña, 27 de outubro de 2015

Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: 2015198AL-CO.

Interesado: Asier Sanmartín Esteban (Cafetería Gaiola).

DNI/NIF/CIF: 44837925T.

Derradeiro enderezo coñecido: praza Fuenterrabía, 5, 15702 Santiago de Compostela.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Normativa infrinxida: Real decreto 3484/2000, do 29 de decembro, sobre normas de hixiene para a elaboración, distribución e comercio de comidas preparadas (BOE nº 11, do 12 de xaneiro de 2001). Regulamento (CE) 178/2002 da Comisión, do 28 de xaneiro, polo que establecen os principios e os requisitos xerais da lexislación alimentaria, se crea a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria e se fixan procedementos relativos á seguridade alimentaria (DOUE núm. 31, do 1 de febreiro de 2002). Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, do Parlamento Europeo e do Consello, relativo á hixiene dos produtos alimenticios (DO nº 139, do 30 de abril de 2004; rectif. DO nº 204, do 4 agosto de 2007). Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición (BOE nº 160, do 6 de xullo). Regulamento (UE) 1169/2011, do 25 de outubro (DO nº L 304, do 22 de novembro), sobre a información alimentaria facilitada ao consumidor. Real decreto 126/2015, do 27 de febreiro. Produtos alimenticios. Aproba a norma xeral relativa á información alimentaria dos alimentos que se presenten sen envasar para a venda ao consumidor final e ás colectividades, dos envasados nos lugares de venda a petición do comprador, e dos envasados polos titulares do comercio polo miúdo (BOE núm. 54, do 4 marzo de 2015).

Tipificación: leve.

Sanción imposta: 300 €.