Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Venres, 13 de novembro de 2015 Páx. 43130

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Rosal

ANUNCIO do trámite de información da aprobación inicial do Plan especial de protección do Calvario.

O Concello do Rosal acordou a aprobación inicial do Plan especial de protección do núcleo do Calvario na sesión plenaria levada a cabo o pasado 26 de setembro de 2015.

O acordo citado estableceu abrir un trámite de información pública polo prazo de dous meses mediante a publicación deste anuncio no DOG e en dous xornais dos de maior circulación na provincia. O prazo computarase desde a publicación no Diario Oficial de Galicia e durante este poderá ser examinado por calquera persoa interesada nas dependencias municipais para formular, de ser o caso, as alegacións pertinentes.

Así mesmo, quedan suspendidas as licenzas no ámbito afectado e definido no Plan especial, en que resulte incompatible coa nova ordenación.

O Rosal, 20 de outubro de 2015

Jesús Mª Fernández Portela
Alcalde