Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Venres, 13 de novembro de 2015 Páx. 43111

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 2 de outubro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente 1/2015.

De conformidade co disposto nos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio para ser notificada por comparecencia no expediente 1/2015.

O interesado poderá comparecer no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Subdirección Xeral de Persoal da Consellería do Medio Rural e do Mar, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e a constancia de tal coñecemento. Unha vez transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación. O presente anuncio publicarase, así mesmo, no Boletín Oficial del Estado (BOE) e será a data de publicación neste a que determine a eficacia do acto notificado.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2015

Mª Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar

ANEXO

Expediente: extinción contrato (expediente 1/2015).

Interesado: Bernardino López Carro.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: rúa Elio Antonio de Nebrija, núm. 4, 1º A, 36280 Vigo, Pontevedra.