Sométese á información pública o expediente nº 2012/120, tramitado por instancia de Talleres Vila Rodríguez, S.L., para unha licenza de actividade de xestión e tratamento de residuos non perigosos en Gatosende, s/n, en Pardellas, na parroquia de Cela deste municipio, para cumprir co ordinal 3º do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, que regula a avaliación de incidencia ambiental. Durante o prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ao da última publicación deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, o expediente atópase á disposición do público nas oficinas municipais para que quen se considere afectado pola actividade poida examinalo e deducir, de ser o caso, as alegacións e observacións que teña convenientes.
Mos, 14 de outubro de 2015
P.D. (Resolución da Alcaldía do 17.6.2015)
Julia Loureiro Campo
Concelleira delegada de Urbanismo