Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Xoves, 12 de novembro de 2015 Páx. 42923

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 4020/2014).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 4020/2014-IS

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 1216/2011 Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

Recorrente: Lidia Valeiras Pérez

Avogado: Eugenio Moure González

Procuradora: Beatriz Castro Álvarez

Recorridos: Servizo Galego de Saúde, Fogasa, Clece, S.A., Maconsi, S.L., administración concursal Maconsi, S.L. (Ricardo José Orban Moreno), administración concursal Maconsi, S.L. (Manuel Elías Pérez Álvarez), administración concursal Maconsi, S.L. (Manuela Seguin Nieto)

Avogados: letrado do Servizo Galego de Saúde, Fogasa, Mónica Valiño Suárez, (…), (…), (…), (…)

M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4020/2014 desta sección, seguido por instancia de Lidia Valeiras Pérez contra o Servizo Galego de Saúde, Fogasa, Clece, S.A., Maconsi, S.L., administración concursal Maconsi, S.L. (Ricardo José Orban Moreno), administración concursal Maconsi, S.L. (Manuel Elías Pérez Álvarez), administración concursal Maconsi, S.L. (Manuela Seguin Nieto), sobre cesión ilegal, se ditou en data de hoxe a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación da letrada da Administracion de xustiza M. Socorro Bazarra Varela.

A Coruña, 1 de outubro de 2015

O anterior escrito subscrito polo letrado Eugenio Moure González, en nome e representación de Lidia Valeiras Pérez, únase ao recurso da súa razón xunto coas súas copias.

Tense por interposto o recurso de casación para unificación de doutrina. Fórmese peza separada que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta sala e emprácense ás demais partes para que comparezan, por escrito de letrado, ante a Sala do Social do Tribunal Supremo dentro do prazo de dez días, achéguense copias do dito escrito e desígnese un domicilio para notificacións na sede da dita sala. De non constar previamente nas actuacións, deberase acreditar a representación da parte.

Emprácese a Maconsi, S.L. por medio de edicto no Diario Oficial de Galicia».

Unha vez verificado, remítanse as actuacións ao dito tribunal.

A parte contra a que se recorre enténdese comparecida de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníqueselle ao Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela que contra a resolución desta sala se recorreu en casación para unificación de doutrina.

Notifíqueselles ás partes facéndolles saber que contra a presente resolución non cabe ningún recurso.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Maconsi, S.L. en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 1 de outubro de 2015

A letrada da Administración de xustiza