Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Xoves, 12 de novembro de 2015 Páx. 42939

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (106/2015).

ETX. Execución de títulos xudiciais 106/2015

Procedemento orixe: procedemento ordinario 191/2015

Sobre ordinario

Demandante: Antonio Negreira Suárez

Avogado: Víctor Manuel Rodríguez Guardado

Demandada: Asociación de Mujeres y Familias del Ámbito Rural Gallego

Avogada: María Isabel Manzano Maceira

Declaración de insolvencia.

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela (A Coruña), fago saber que na execución seguida neste xulgado co número 106/2015, por instancia de Antonio Negreira Suárez, contra a executada Asociación de Mujeres y Familias del Ámbito Rural Gallego, sobre reclamación de cantidade, se ditou o día 28 de setembro de 2015 decreto de insolvencia no sentido de declarar a executada, en situación de insolvencia total por importe de 8.964,64 euros de principal máis 896,46 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional. De conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido este edicto para a súa inserción no boletín ao seu cargo.

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2015

A secretaria xudicial