Mediante esta cédula e debido a que os debedores comprendidos na relación que a seguir se insire non puideron ser atopados nos enderezos que figuran nos rexistros deste centro, ou que se alegaron distintos motivos para non recibir as notificacións polas persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícase que:
Deberán ingresar o importe da débeda na conta bancaria 0081 5363 2000 0108 2918 do Banco de Sabadell, nos prazos que se sinalan no artigo 62 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.
Unha vez transcorrido o prazo indicado no citado artigo sen que se producise o cobramento, iniciarase o período executivo.
Contra esta liquidación poderase interpor no prazo dun mes, contado desde o día seguinte a esta notificación, recurso potestativo de reposición ante o órgano emisor ou, no mesmo prazo, reclamación económico-administrativa ante a Xunta Superior de Facenda (Xunta de Galicia).
Para que conste, sirva de notificación ao interesado e en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 15/2014, do 16 de setembro (BOE núm. 226, do 17 de setembro), expido, asino e selo esta cédula.
Monforte de Lemos, 15 de outubro de 2015
Antonio García Quintáns
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos
ANEXO
Suxeito pasivo |
DNI/NIF |
Concepto |
Período |
Débeda |
Rodríguez Rivera Iván |
034269035R |
Fra. 201550628 |
17.9.2015 |
401,94 |
Veiga Goncalves Luis |
Fra. 201550629 |
17.9.2015 |
19.828,59 |
|
López Arias Concepción |
034242372H |
Fra. 201550631 |
17.9.2015 |
378,45 |
Gutiérrez Palacios Susana |
076583133X |
Fra. 201550632 |
17.9.2015 |
779,30 |