Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Xoves, 12 de novembro de 2015 Páx. 42916

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2015, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de admitidos/as e excluídos/as ao proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas.

En virtude da Resolución do 22 de setembro de 2015 da Dirección Xeral da Función Pública, publicada no Diario Oficial de Galicia número 186, do 29 de setembro, aprobáronse as listaxes provisionais de admitidos/as e excluídos/as ao proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas.

Unha vez transcorrido o prazo regulamentario para a presentación de emendas sobre as ditas relacións de admitidos/as e excluídos/as, de conformidade co artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e coa base I.4.2 das que rexen o proceso selectivo convocado pola Orde do 18 de maio de 2015, publicada no Diario Oficial de Galicia número 95, do 22 de maio, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Aprobar as listaxes definitivas de admitidos/as e excluídos/as ao proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas.

A listaxe definitiva de aspirantes admitidos/as poderase consultar na páxina web da Xunta de Galicia (funcionpublica.xunta.es) e estará á disposición dos/das aspirantes no Servizo do Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas oficinas de Rexistro e Información dos edificios administrativos da Xunta de Galicia e nas súas oficinas comarcais.

A listaxe de aspirantes excluídos/as, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

A Administración devolverá de oficio o importe ingresado en concepto de dereitos de exame a aqueles/as aspirantes definitivamente excluídos/as que, de acordo coa base I.3, realizaron o pagamento con certificado dixital ou DNI electrónico ou ben fixeron constar na súa solicitude o número de conta para estes efectos. Para a devolución do importe ingresado por aqueles/as outros/as aspirantes que non fixeron constar eses datos e figuren nesta resolución como excluídos/as será necesaria a presentación dun escrito no que o/a interesado/a faga constar o número de conta, a entidade bancaria e a localidade desta ou dun certificado expedido pola entidade no que figuren eses datos. Esta documentación deberá ser presentada no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

De conformidade co disposto na base I.3, non procederá a devolución do importe aboado en concepto de dereitos de exame nos supostos de exclusión por causa imputable aos aspirantes.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2015

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO
Relación de aspirantes excluídos/as

Acceso libre.

Apelidos e nome

NIF

Motivo da exclusión

Balsa Riveira, Vanessa

76580018T

17, 20, 58

Barros Couso, Mónica

35321276S

16

Bouzamayor García, Patricia

32718278L

17, 20, 58

De Cabo González, Mateo

52499717D

13, 22

García Roma, Sandra

35457589F

17, 20, 58

García Sarandeses, Banesa

44092151R

18, 56

Martínez Espiñeira, Rocío

33323251T

16

Rey Ferro, Carmelo

35453982B

17, 58

Rivas Suárez, María Fe

44805851B

17, 20, 58

Rodríguez González, Alejandro

36146122N

17, 20, 58

Tejedor Iglesias, Manuel

33287120W

17, 20, 58

Código

Descrición

13

Documentación xustificativa de exención de taxas fóra de prazo

16

Documentación xustificativa de exención de taxas non presentado

17

Documentación xustificativa de demandante de emprego 6 meses antes conv. non presentado

18

Documentación xustificativa de demandante de emprego 6 meses antes conv. non válido

20

Taxas non aboadas

22

Taxas aboadas fóra de prazo

56

Documentación xustificativa de non percibir prestación ou subsidio por desemprego non válido

58

Documentación xustificativa de non percibir prestación ou subsidio por desemprego non presentado