Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Mércores, 11 de novembro de 2015 Páx. 42875

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de emprazamento aos interesados nos procedementos ordinarios 4176, 4189 e 4190/2015, interpostos contra a aprobación definitiva do Plan parcial do solo urbanizable delimitado número 17 (Monte do Gozo-Aríns).

O concelleiro delegado de Medio Ambiente e Convivencia, con datas do 14 e 28 de xullo de 2015, acordou remitir ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda, o expediente tramitado para a aprobación do Plan parcial do SUD-17 (Monte do Gozo-Aríns), co obxecto de comparecer nos autos tramitados nos recursos que a seguir se relacionan:

– Procedemento ordinario 4176/2015, interposto pola Asociación de Propietarios do SUD-16 e do SUD-17 contra a aprobación definitiva dos plans parciais do SUD-16 (Agra dos Campos) e do SUD-17 (Monte do Gozo).

– Procedemento ordinario 4189/2015, interposto por Andrés Meijide Cabo e outra contra a aprobación definitiva do Plan parcial do SUD-17 (Monte do Gozo).

– Procedemento ordinario 4190/2015, interposto por Manuel Ramos Costa e outra contra a aprobación definitiva do Plan parcial do SUD-17 (Monte do Gozo).

O que se fai público en cumprimento do exixido polo artigo 47.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa, co fin de que sirva de emprazamento aos posibles interesados que desexen comparecer no proceso.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2015

P.D. (Decreto 3997/2015, do 16 de xuño)
Jorge Duarte Vázquez
Concelleiro delegado de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade