Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Mércores, 11 de novembro de 2015 Páx. 42867

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2015 pola que se fai pública a formalización da contratación da subministración de equipamento informático para dotar postos de traballo dixitais en mobilidade no ámbito da Administración de xustiza en Galicia, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (expediente 112/2015).

missing image file

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración de 100 postos de traballo dixitais en mobilidade, o que inclúe 100 ordenadores persoais portátiles, e todos os elementos periféricos que acompañarán cada portátil, detallados no prego de prescricións técnicas, para completar cada posto de traballo dixital no ámbito da Administración de xustiza de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 14.7.2015.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 150.000,00 €.

5. Orzamento base de licitación: 150.000,00 € máis 31.500,00 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 181.500,00 €

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 8.10.2015.

b) Data de formalización do contrato: 16.10.2015.

c) Contratista: Coremain, S.L.

d) Importe de adxudicación: 143.990,00 € (IVE ao 21 % incluído).

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2015

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia