Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Martes, 10 de novembro de 2015 Páx. 42768

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 28 de outubro pola que se anuncia procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a subministración de publicacións periódicas estranxeiras con destino á Biblioteca Universitaria (2 lotes, expediente P2/15).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

2º. Enderezo: edificio da Xerencia, servizos centrais, Campus As Lagoas-Marcosende.

3º. Localidade e código postal: Vigo, 36310.

4º. Teléfono: 986 81 37 67.

5º. Telefax: 986 81 38 57.

6º. Correo electrónico: alabel@uvigo.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://tablon2.uvigo.es/listado_expedientes.asp

8º. Data límite de obtención de documentación e información: 30 de novembro de 2015.

d) Número de expediente: P2/15.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: privado.

b) Descrición: subministración de publicacións periódicas estranxeiras con destino á Biblioteca Universitaria.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: 2 lotes; lote 1: publicacións periódicas estranxeiras en papel; lote 2: publicacións periódicas estranxeiras electrónicas (formato en liña).

d) Lugar de execución/entrega:

1º. Enderezo: Biblioteca Universitaria no Campus das Lagoas-Marcosende en Vigo.

2º. Localidade e código postal: Vigo 36310.

e) Prazo de entrega: non procede.

f) Admisión de prórroga: non procede.

g) Codificación CPV: 22212000P.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación:

1º. Prezo: 50 puntos.

2º. Servizos e prestacións que melloren a relación calidade-prezo: oferta de paquetes de revistas electrónicas científicas ou académicas sen custe adicional, cuxo interese se valorará en función do número de títulos accesibles en cada paquete que figuran na derradeira versión do SJR (Scimago Journal Rank): 30 puntos.

3º. Dispoñibilidade dun sistema en liña, accesible a través de web para levar a cabo o seguimento por parte da biblioteca da xestión das subscricións, do estado das reclamacións e, en xeral, da marcha da subministración contratada: 10 puntos.

4º. Oferta de sistemas, ferramentas ou aplicacións que faciliten a consulta, o acceso ou o uso das revistas subministradas: plataformas de acceso integrado ás revistas, ferramentas de descubrimento, aplicacións de quiosco: 10 puntos.

4. Valor estimado do contrato: lote 1: 221.153,85 €; lote 2: 33.057,85 €.

5. Orzamento base de licitación: lote 1: importe neto: 221.153,85 €+8.846,15 € de IVE; lote 2: importe neto: 33.057,85 €+6.942,15 € de IVE.

6. Garantías exixidas: provisional: non se exixe. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación sen IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: as que se indican na folla resumo do prego de cláusulas administrativas.

b) Outros requisitos específicos: os indicados no número 13 da FRC.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 7 de decembro de 2015, ás 14.00 horas.

b) Modalidade de presentación: papel, 3 sobres, A, B e C.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

2º. Enderezo: edificio da Xerencia, servizos centrais, planta baixa. As Lagoas-Marcosende.

3º. Localidade e código postal: Vigo 36310.

4º. Enderezo electrónico: alabel@uvigo.es

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: sesión pública para sobres B e C na sala de xuntas do edificio da Xerencia e servizos centrais da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: As Lagoas-Marcosende, 2º andar.

c) Localidade e código postal: Vigo, 36310.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratista da Universidade de Vigo.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario, aproximadamente 2.400 euros.

Vigo, 28 de outubro de 2015

P.D. (Resolución do 7.5.2014; DOG do 13 de maio)
Manuel Fernández Jáuregui
Xerente da Universidade de Vigo