Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Martes, 10 de novembro de 2015 Páx. 42775

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de licitación para a contratación, mediante procedemento aberto, do servizo da dirección artística (organización e produción da animación para o desfile) da cabalgata de Reis 2016.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: praza do Trigo, nº 2-3º.

3º. Localidade e código postal: Ourense, 32005.

4º. Teléfono: 988 26 93 33.

5º. Fax: 988 22 14 94.

6º. Correo electrónico: contratacion@ourense.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.es

d) Número de expediente: 2015021745 (ref. 2375).

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: contratación, mediante procedemento aberto, do servizo da dirección artística (organización e produción da animación para o desfile) da cabalgata de Reis 2016.

c) Lugar de execución/entrega: Concello de Ourense.

d) Prazo de execución/entrega: os elementos que compoñen o conxunto de animación deben estar rematados antes das 12.00 do día 26 de decembro de 2015. Vestiario, atrezzo, etc., trasladados ao punto exacto de formación da comitiva o día 5 de xaneiro de 2016.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 92331210-5.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación e a súa ponderación:

Oferta económica: ata 50 puntos.

Valoración artística e técnica dos bosquexos, ata 45 puntos:

– Adaptación á temática proposta polo Concello de Ourense: O mundo máxico: ata 10 puntos.

– Orixinalidade e innovación da proposta: ata 10 puntos.

– Calidade artística dos elementos que conforman a animación: ata 20 puntos.

– Composición e colorido da proposta: ata 5 puntos.

Reportaxe fotográfica: ata 1 punto.

Organización, apoio e coordinación: ata 3 puntos.

Produción da cabalgata de Reis: ata 1 punto.

4. Orzamento base de licitación.

a) Valor estimado do contrato: 49.586,78 euros.

b) Tipo de licitación:

Importe neto: 49.586,78 euros. IVE: 10.413,22 euros. Importe total: 60.000,00 euros.

5. Garantías exixidas.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económico-financeira: a que se sinala no artigo 15 (doc. 4) do prego de condicións.

b) Solvencia técnica: a que se sinala no artigo 15 (doc. 5) de prego de condicións.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: quince (15) días naturais, contados a partir do seguinte a aquel en que se realicen as publicacións no BOP e no DOG.

b) Modalidade de presentación: a que se sinala no artigo 11 do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral.

2º. Domicilio: praza Maior, nº 1.

3º. Localidade e código postal: Ourense, 32005.

4º. Enderezo electrónico: rexistroxeral@ourense.es

d) Prazo de vinculación da oferta: tres (3) meses contados desde a apertura de proposicións.

8. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: Concello de Ourense. Praza Maior, nº 1.

b) Localidade e código postal: Ourense, 32005.

c) Data e hora: anunciarase no perfil do contratante.

9. Gastos de publicidade: o importe dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Ourense, 30 de outubro de 2015

Jesús Vázquez Abad
Alcalde