Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Martes, 10 de novembro de 2015 Páx. 42783

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.

ANUNCIO polo que se convoca licitación pública para a venda do aceiro residual procedente dos residuos urbanos procesados na planta de reciclaxe, tratamento e elaboración de combustible do Complexo Ambiental de Cerceda (expediente 0018/2015).

Obxecto: licitación pública para a venda do aceiro residual procedente dos residuos urbanos procesados na planta de reciclaxe, tratamento e elaboración de combustible do Complexo Medioambiental de Cerceda (expediente 0018/2015).

Data límite para a presentación das ofertas: 23 de novembro de 2015 ás 13.00 horas.

Data de apertura sobre B: 27 de novembro de 2015 ás 11.00 horas.

O prego do concurso poderá retirarse a partir desta data:

En www.sogama.es, na epígrafe de Perfil do contratante.

Nas oficinas da sociedade en Morzós, nº 10, As Encrobas, Cerceda, 15187, A Coruña.

A entrega das ofertas realizarase no seguinte enderezo: Sogama, S.A., Morzós, nº 10 (As Encrobas), 15187 Cerceda (A Coruña), telf.: 981 69 85 00.

O custo dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Cerceda, 3 de novembro de 2015

Javier Domínguez Lino
Presidente da Sociedade Galega de Medio Ambiente, S.A.