Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Luns, 9 de novembro de 2015 Páx. 42648

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mos

ANUNCIO de servizo público de recollida e transporte dos residuos sólidos urbanos (fracción orgánica e selectiva) e limpeza viaria (expediente C.S. 03/15).

Aprobados polo Pleno do Concello, do 28.9.2015, os pregos de condicións económico-administrativas particulares e prego de prescricións técnicas que rexerán o procedemento para a contratación do servizo público de recollida e transporte dos residuos sólidos urbanos (fracción orgánica e selectiva), e limpeza viaria no concello de Mos, exponse ao público durante oito días hábiles seguintes ao da publicación do correspondente anuncio no último dos boletíns oficiais en que apareza para que poidan presentar reclamacións aqueles que se consideren interesados.

Simultaneamente anúnciase a licitación, que se aprazará en canto resulte necesario de se presentaren reclamacións aos pregos.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Mos.

2. Obxecto do contrato: servizo público de recollida e transporte dos residuos sólidos urbanos (fracción orgánica e selectiva), e limpeza viaria no concello de Mos.

3. Ref. expte.: C.S. 03/15.

4. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto.

5. Valor estimado do contrato (seis anos) (sen IVE): 3.581.128,80 euros.

6. Duración do contrato: prazo inicial de catro anos prorrogables por períodos anuais ata un máximo de dous anos.

7. Garantía provisional: non se exixe. Garantía definitiva: 5 % do importe da adxudicación.

8. Obtención de información e documentación: Concello de Mos. Praza do Concello, s/n, 36416 Petelos. Pontevedra; teléfono: 986 33 12 00, telefax: 986 33 66 18, correo electrónico: secretario@concellomos.es; rosasecretaria@concellomos.es

9. Requisitos xerais do contratista sinalados no prego de condicións administrativas.

10. Presentación de proposicións:

a) Prazo e lugar: no Concello de Mos (Pontevedra) durante ós vinte e seis (26) días hábiles desde o seguinte ao de publicación deste anuncio no último dos boletíns en que apareza (BOP, DOG e BOE) ou 52 días naturais contados desde a data do envío do anuncio á oficina de publicacións oficiais da Comunidade Europea; das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres; das 9.00 ás 13.00 horas, os sábados, no Rexistro Xeral do concello ou da forma sinalada nos pregos de condicións.

b) Documentación que cómpre presentar: as proposicións constarán de tres sobres pechados A, B e C, coas inscricións e coa documentación que se sinala nos pregos de condicións.

11. Apertura das ofertas: o sexto día hábil seguinte ao de finalización do prazo para a presentación de proposicións (para os efectos da apertura, o sábado considerarase inhábil).

12. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Mos, 6 de outubro de 2015

P.D. (Decreto do 4.9.2015)
Alberto Méndez Lago
Primeiro tenente de alcalde