Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Luns, 9 de novembro de 2015 Páx. 42600

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3113/2015 MCR).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 3113/2015 MCR

Xulgado de orixe/autos: despedimento obxectivo individual 751/2014 Xulgado do Social número 3 de Vigo

Recorrente: Daniel Costolla Gordillo

Avogada: Beatriz Lago Gómez

Procuradora: María Dolores Luisa Villar Pispieiro

Recorrido: Onn Tech Global, S.L.

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de Xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3113/2015 MCR desta sección, seguido por instancia de Daniel Costolla Gordillo contra Onn Tech Global, S.L., sobre despedimento disciplinario, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual do demandante Daniel Costolla Gordillo contra a sentenza de data 12 de marzo de 2015, ditada polo Xulgado do Social número 3 dos de Vigo nos autos número 752/2014, seguidos por instancia do demandante contra a empresa Onn Tech Global, S.L., sobre despedimento, debemos confirmar e confirmamos a sentenza de instancia.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Onn Tech Global, S.L., expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de outubro de 2015

A letrada da Administración de xustiza