Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Venres, 6 de novembro de 2015 Páx. 42496

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 19 de outubro de 2015, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, polo que se notifica o acordo de inicio do procedemento declarativo de reintegro dunha axuda de investimentos a bordo.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 258, do 27 de novembro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada o acto administrativo que se sinala no anexo.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, o prazo computaranse desde esa publicación.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica da Consellería do Mar, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15780 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de reintegro.

Concédeselle ao interesado un prazo de quince (15) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación no BOE, para que presente as alegacións que considere oportunas en defensa dos seus intereses.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2015

Juan Carlos Maneiro Cadillo
Director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica

ANEXO

Beneficiario: José Valverde Alonso.

NIF: 36006005B.

Número de expediente SXPA: PE107D 2009/195-5 PE107Z 2015/148-0.

Buque: INES, VI-6-2901.

Acto de notificación: acordo de inicio do procedemento declarativo de reintegro do 18 de agosto de 2015, ditado pola conselleira do Mar, pola que se declara a procedencia de reintegro total da subvención de investimentos a bordo concedida no ano 2009.

Último enderezo coñecido: avenida Joselín, núm. 1, 2º A, 36300 Baiona (Pontevedra).