Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Venres, 6 de novembro de 2015 Páx. 42469

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Gondomar (expediente IN407A 2015/181-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMT VAA708 Couso-A Fraga-Couso.

Situación: Gondomar.

Características técnicas: LMT aérea a 15 kV con condutor LA-56 de 45 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado nº 1 C-2000-16 e final no apoio existente nº 2 HVH-2500-15. LMT subterránea a 15 kV con condutor RHZ de 1.810 metros de lonxitude, con orixe no paso aerosubterráneo (PAS) proxectado no apoio existente HVH-1600-13 e final no PAS proxectado no apoio existente HVH-1000-17. A instalación está situada na parroquia de Couto, Gondomar.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo na avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 8 de outubro de 2015

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra