Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Venres, 6 de novembro de 2015 Páx. 42480

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 23 de outubro de 2015, do Servizo Técnico-Xurídico, polo que se notifica a resolución do recurso de alzada 2014/025-RA-P en materia de protección do patrimonio cultural.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a Manuel Cerqueira Fernández, a quen non se lle puido facer por correo certificado, a resolución do recurso de alzada en materia de protección do patrimonio cultural. A notificación efectuarase por anuncio que se publicará no Boletín Oficial del Estado, logo da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da Lei 30/1992, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que poderá comparecer no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado, no Servizo Técnico-Xurídico da Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria; Edificio Administrativo San Caetano, bloque 3, 2º, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen terse efectuado a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial del Estado.

Este anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá o interesado interpoñer recurso contencioso-administrativo, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co establecido no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2015

Mª del Carmen Sáenz de Cenzano Lousa
Xefa do Servizo Técnico-Xurídico

ANEXO

Nº de expediente: 2014/025-RA-P.

Recorrente: Manuel Cerqueira Fernández.

Último enderezo coñecido: rúa Eduardo Cabello, nº 19, baixo, Bouzas. 36209 Vigo.

Resolución notificada: resolución do recurso de alzada.