Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Xoves, 5 de novembro de 2015 Páx. 42380

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Cabanas (expediente IN407A 2014/46-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Sucesores de M. Leira, S.L.

Domicilio social: Cardeita, 28, San Martiño do Porto, 15622 Cabanas.

Denominación: LMT a CT túnel Pedra do Couto/LMT a novo punto fronteira autoestrada Miño-Fene, A Coruña.

Situación: Concello de Cabanas.

Características técnicas:

LMT aérea, a 15 kV, en simple circuíto, de 914 metros de lonxitude total, en condutor LA-56/54,6 mm2 Al, tendida sobre apoios métalicos (nos 1, 3, 4, 5, 6, 7 e 10) e de formigón (nos 2, 8 e 9), composta por:

– Treito 1: de 604 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente métalico tipo C-3000-2T e remate no novo apoio proxectado metálico tipo FL-C-2000/14 (apoio nº 10 da nova LMT), no que se proxecta instalación dun paso aéreo-soterrado (PA/S).

– Treito 2: de 310 metros de lonxitude, con orixe no novo apoio proxectado metálico tipo C-1000/18-CA (apoio nº 5 da nova LMT) situado nas proximidades do apoio existente metálico tipo C-3000-2T anterior e remate no apoio FL-C-2000/16-CA existente (apoio nº 1 da nova LMT) no cal se producirá a conexión co novo punto fronteira Unión Fenosa Distribución, S.A. - Industria Eléctrica Sucesores de M. Leira, S.L. obxecto doutro proxecto.

LMT soterrada a 15/20 kV, en simple circuíto, de 12 metros de lonxitude, en condutor tipo RHV 12/20 kV 3(1×95 mm2 Al+H16), con orixe no paso aéreo-soterrado dotado de pararraios autoválvulas proxectado no novo apoio proxectado metálico tipo FL-C-2000/14 (apoio nº 10 da nova LMT) e remate no CT proxectado.

Novo centro de tranformación (CT) proxectado en edificio prefabricado de formigón, marca Schneider Electric, tipo EHC-8T2L, compacto, de 1.000 kVA de potencia e relación de transformación 15-20/0,42-0,23 kV, con celas con illamento en SF6, que se instalará nas proximidades da boca norte do túnel Pedra do Couto (autoestrada do Atlántico, treito Miño-Fene).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación da presente resolución.

A Coruña, 15 de xaneiro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña