Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Xoves, 5 de novembro de 2015 Páx. 42399

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 20 de outubro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica o acordo de acumulación do expediente sancionador 2015247TA-CO ao expediente sancionador 2015246TA-CO.

Con data do 7 de outubro de 2015, a xefa territorial da Consellería de Sanidade ditou acordo de acumulación do expediente sancionador 2015247TA-CO incoado a Francisco Barcia Crespo ao expediente sancionador 2015246TA-CO.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícase a Francisco Barcia Crespo o contido do dito acordo de acumulación que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificado pola Lei 15/2014, do 16 de setembro (BOE nº 226 do 17 de setembro).

A Coruña, 20 de outubro de 2015

Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Número de expediente: 2015247TA-CO.

Interesado: Francisco Barcia Crespo.

DNI/NIF/CIF: 32774331K.

Último enderezo coñecido: praza de España, 1, 6º C,15001 A Coruña.

Contido do acordo: acumulación da documentación do expediente 2015247TA-CO aberto a Francisco Barcia Crespo, ao expediente sancionador 2015246TA-CO, pola coincidencia de feitos e identidade do suxeito.