Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Ministerio de Fomento.
Domicilio social: paseo de la Castellana, 67, Nuevos Ministerios, 27071 Madrid.
Denominación: LMTS 20 kV e CTI 160 kVA para alimentar iluminación pública na conexión entre a autovía Lugo-Santiago (A-54) e a autovía (A-6) enlace Nadela-Lugo.
Situación: concello de Lugo.
Características técnicas:
1. Liña de media tensión aérea a 20 kV con orixe nun apoio proxectado (obxecto doutro proxecto que presentará Begasa) que se intercalará na LMT Nadela derivación CT Corvelle e final no CTI proxectado cunha lonxitude de 39 metros en condutor LA-56.
2. Centro de transformación intemperie sobre apoio metálico, cunha potencia de 160 kVA e unha relación de transformación 20.000/400-230 V.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo).
Esta xefatura territorial resolve, de acordo coas competencias atribuídas no Decreto 110/2013, do 4 de xullo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (modificado polo Decreto 116/2014, do 11 de setembro), e no Decreto 36/2001, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguranza establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial e outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra esta resolución cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se xulgue pertinente.
Lugo, 29 de setembro de 2015
Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo