Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Martes, 3 de novembro de 2015 Páx. 42146

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Boimorto

ANUNCIO de licitación do servizo de alimentación da residencia de persoas maiores e centro de día de Boimorto.

En cumprimento do acordo ditado pola Alcaldía mediante o Decreto 524/2015, do 9 de outubro, por medio deste anuncio realízase a convocatoria do procedemento aberto, atendendo á oferta economicamente máis vantaxosa, con varios criterios de adxudicación, para a adxudicación do contrato de servizos de alimentación da residencia de persoas maiores e centro de día de Boimorto, conforme os seguintes datos:

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Concello de Boimorto.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Secretaría do Concello de Boimorto.

2º. Enderezo: rúa Vilanova, 1.

3º. Localidade e código postal: Boimorto 15817.

4º. Teléfono: 981 51 60 20.

5º. Fax: 981 51 60 45.

6º. Enderezo de correo electrónico: correo@boimorto.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.concellodeboimorto.es (ayuntamiento/perfil contratante).

8º. Data límite de obtención de documentación e información: oito (8) días naturais tras a publicación de anuncio no BOP.

d) Número de expediente: CAPAS 1/2015.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: alimentación da residencia de persoas maiores e centro de día.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega:

1º. Enderezo: rúa Gándara, nº 73/75.

2º. Localidade e código postal: Boimorto 15817.

e) Prazo de execución/entrega: un ano prorrogable por un máis.

f) Admisión de prórroga: si; prorrogable unha anualidade.

g) CPV (referencia de nomenclatura): anexo II do TRLCSP. Categoría 17. CPC64 CPV 5530000-3 Servizos de restaurante e subministración de comidas. Servizos de hostalaría e restaurante.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: véxase o anexo 5.2 do prego de cláusulas administrativas e particulares e cláusula 14.

4. Valor estimado do contrato: 85.971,74 euros, sen IVE.

Valor estimado incluíndo prórroga, tal como establece, é de 171.943,48 €, IVE excluído; 192.192,50 € con IVE dúas anualidades.

5. Orzamento base de licitación.

Anual: 85.971,74 € sen IVE (96.096,25 € con IVE).

192.192,50 € con IVE dúas anualidades.

6. Garantías exixidas.

Provisional (importe): non se exixe.

Definitiva (5 %) do prezo de adxudicación, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación (grupo, subgrupo, categoría).

Grupo M.

Subgrupo/s 6.

Categoría c.

b) Solvencia económica e financeira: véxase o prego.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: oito (8) días naturais desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP.

b) Modalidade de presentación: presencial ou por correo.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Secretaría do Concello de Boimorto.

2º. Enderezo: rúa Vilanova, nº 1.

3º. Localidade e código postal: Boimorto 15817.

4º. Enderezo electrónico: correo@boimorto.es

d) Admisión de variantes: non.

f) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

9. Apertura de ofertas.

a) Enderezo: rúa Vilanova, nº 1.

b) Localidade e código postal: Boimorto 15817.

c) Data e hora: serán publicadas no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: os gastos que xeren os anuncios.

Boimorto, 9 de outubro de 2015

Gonzalo Concheiro Coello
Alcalde