Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Venres, 30 de outubro de 2015 Páx. 41987

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (401/2015).

Eu, Juan Rey Pita, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 401/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Emilia Cebral Noya contra José Luis Souto Baña, sobre despedimento, se ditou Resolución do 10 de setembro de 2015 contra a cal se pode interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días; fáiselles saber que no dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

Para que lle sirva de notificación en legal forma a José Luis Souto Baña, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 8 de outubro de 2015

O letrado da Administración de xustiza