Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Venres, 30 de outubro de 2015 Páx. 41985

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1357/2012).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1357/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Santiago Zas Mosquera contra Instalaciones Fontava, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvo que, estimando a demanda interposta por Santiago Zas Mosquera contra Fogasa e contra a empresa Instalaciones Fontava, S.L., condeno a empresa a aboarlle a cantidade de 7.562,75 euros que lle debe en concepto de salarios e os xuros conforme o artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores (ET), e absolvo da demanda o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que sirva de notificación en legal forma a Instalaciones Fontava, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 8 de outubro de 2015

A secretaria xudicial