Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Venres, 30 de outubro de 2015 Páx. 41940

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

DECRETO 153/2015, do 29 de outubro, polo que se dispón que cese Gonzalo Mosqueira Martínez como director da entidade pública empresarial Augas de Galicia.

En virtude do establecido no artigo 14.1º do estatuto da entidade pública empresarial Augas de Galicia, aprobado polo Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, e nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 65 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta da conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e nove de outubro de dous mil quince,

DISPOÑO:

Que cese Gonzalo Mosqueira Martínez como director da entidade pública empresarial Augas de Galicia, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, vinte e nove de outubro de dous mil quince

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio