Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Xoves, 29 de outubro de 2015 Páx. 41918

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2015 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de implantación da notificación electrónica nos concellos de Galicia, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa Poctep, proxecto Arpad (expediente 104/2015).

missing image file

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de implantación da notificación electrónica nos concellos de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 28.4.2015.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada.

4. Valor estimado do contrato: 103.682,88 €.

5. Orzamento base de licitación: 103.682,88 €, máis 21.773,40 €, que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 125.456,28 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 4.8.2015.

b) Data de formalización do contrato: 19.8.2015.

c) Contratista: Everis Spain, S.L.U.

d) Importe de adxudicación: 88.000,00 € máis IVE (21 %) 18.480,00 € = 106.480,00 €.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2015

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia