Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Mércores, 28 de outubro de 2015 Páx. 41532

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1112/2014).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 1112/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marta Purriños Rodríguez contra Fotocomposición y Montajes Mongraf, S.L., Fondo de Garantía Salarial sobre reclamación de cantidade –procedemento ordinario–, se ditou decreto cuxa parte dispositiva di:

Ter por desistida a Marta Purriños Rodríguez da súa demanda fronte a Fotocomposición y Montajes Mongraf, S.L., Fondo de Garantía Salarial en materia de reclamación de cantidade.

– Deixar sen efecto o sinalamento do 7.10.2015 ás 11.00 horas.

– Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme a presente resolución.

E para que sirva de notificación en legal forma a Fotocomposición y Montajes Mongraf, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

A Coruña, 6 de outubro de 2015

A secretaria xudicial