Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Mércores, 28 de outubro de 2015 Páx. 41530

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (716/2014).

PO. Procedemento ordinario 716/2014

Procedemento orixe:

Sobre ordinario

Demandante: Soraya Lema Suárez

Avogado: José Nogueira Esmorís

Demandados: O Disque, S.C., Fogasa, Gumersindo Santos Barroso, Sandra Pasantes Bermúdez

Eu, María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no Xulgado do Social número 1 da Coruña se ditou Resolución do 30 de setembro de 2015, dirixida a Sandra Pasantes Bermúdez, que poderá interpor os oportunos recursos de suplicación no prazo de cinco días; fáiselle saber que no dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto.

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Sandra Pasantes Bermúdez, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 30 de setembro de 2015

A secretaria xudicial