Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Mércores, 28 de outubro de 2015 Páx. 41512

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

CORRECCIÓN de erros. Orde do 16 de outubro de 2015 pola que se incrementa a dotación orzamentaria da Orde do 10 de marzo de 2015 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control.

Advertidos erros na devandita orde publicada no Diario Oficial de Galicia nº 203, do venres 23 de outubro de 2015, nas páxinas 41048 e 41049, cómpre facer as seguintes modificacións:

Un: o primeiro parágrafo do artigo único queda redactado do xeito seguinte:

«1. A dotación orzamentaria prevista para as axudas especificadas no título II da Orde do 10 de marzo de 2015 (DOG nº 48, do 11 de marzo), conforme a disposición adicional primeira, parágrafo 1, alínea b) da dita orde, increméntase no importe de 8.102.758,00 euros, e con cargo á aplicación 12.80.713F.779.1, primas gandeiras, dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para 2015, polo que o importe total para as axudas desta alínea e desta aplicación orzamentaria, despois deste incremento é de 50.756.868,00 euros».

Dos: elimínase a disposición derradeira única.