Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Mércores, 28 de outubro de 2015 Páx. 41535

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (452/2014).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 452/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Luisa Piñeiro Pardiñas contra Fogasa, Archidoc, S.L. sobre ordinario, se ditou a Sentenza número 300 cuxos encabezamento e decisión son do teor literal:

«Sentenza.

En Santiago de Compostela o 28 de setembro de 2015.

Susana Villarino Moure, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número tres de Santiago de Compostela, vistos os presentes autos número 452/2014, promovidos perante este xulgado do social sobre reclamación de cantidade, por instancia de María Luisa Piñeiro Pardiñas, asistida pola letrada Raquel Barreira Vilas contra Archidoc, S.L., que non comparece, tendo sido citado o Fogasa, que non comparece, ditou a presente sentenza.

(…)

Decido:

Que debo estimar e estimo a demanda presentada por María Luisa Piñeiro Pardinas contra Archidoc, S.L. e en consecuencia condeno a empresa a pagarlle á demandante 2.107,99 euros, dos cales 1.757,68 euros devindicarán o xuro do artigo 29.3 do ET. Condeno o Fogasa a se ater a esta resolución nos termos do artigo 23.6 inciso primeiro LRXS.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Archidoc, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e para a súa publicación no taboleiro do xulgado.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2015

A secretaria xudicial