Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Mércores, 28 de outubro de 2015 Páx. 41574

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 1 de outubro de 2015, da Área Provincial de Ourense, pola que se lles notifican a varias persoas interesadas os requirimentos de emendas das deficiencias das solicitudes de subvención do Programa de axuda ao alugamento de vivendas do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016.

En cumprimento do establecido nos artigos 58, 59.5, 60 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de que se intentase en dúas ocasións a notificación persoal no último domicilio coñecido, mediante esta cédula notifícaselles aos interesados, cuxos datos e domicilio se mencionan no anexo, o requirimento de emenda das deficiencias das solicitudes de subvención do programa de axudas ao alugamento, Plan estatal 2013-2016.

Tendo en conta o sinalado no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, concédeselles un prazo de 10 días hábiles para que emenden as deficiencias ou acheguen os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixesen, se terán por desistidos da súa petición, logo da resolución de arquivamento.

A eficacia desta cédula quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Ourense, 1 de outubro de 2015

Consuelo Fernández Sueiro
Xefa da Área Provincial de Ourense

ANEXO

Expediente

Nome e apelidos

DNI/NIE

Enderezo

CP

Concello

201532ALUG01566A

Elena Ovesia

X8527322A

R/ Progreso, 94, 4º A

32350

A Rúa