Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Martes, 27 de outubro de 2015 Páx. 41340

III. Outras disposicións

Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2015 pola que se dá publicidade a unha encomenda de xestión para o ano 2015 á empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A. (Tragsatec).

De conformidade co previsto no artigo 8.4 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade a unha encomenda de xestión para o ano 2015 do Instituto Enerxético de Galicia (Inega) á empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A. (Tragsatec), coas seguintes características:

– Actividade: realización dos servizos para a elaboración dun estudo e a divulgación sobre as posibilidades de emprego de biomasa con fins térmicos no sector agroalimentario e en redes de calor en Galicia.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: esta encomenda ten natureza intrasubxectiva ao ter Tragsatec a consideración de medio instrumental e técnico da Administración, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo quinta do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: ata o 31 de decembro de 2015.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2015

Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia