Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Martes, 27 de outubro de 2015 Páx. 41412

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2015 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, para a contratación das obras de demolición de edificación no lugar de Estibada-Listanco, no termo municipal de Maside.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Administración e Xestión.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Administración e Xestión.

2º. Domicilio: rúa dos Camiños da Vida, s/n, Edificio Witland.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

4º. Teléfono: 881 99 94 35.

5º. Telefax: 981 54 53 35.

6º. Correo electrónico: administración.aplu@xunta.es.

7º. Data límite de obtención de documentación e información: ata as 14.00 horas do último día de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 2/2015.

2. Obxecto do contrato:

2.1. Descrición: demolición de edificación no lugar de Estibada-Listanco, TM de Maside.

a) Tipo: obra.

b) Prazo de execución: trinta (30) días naturais.

c) Admisión de prórroga: non.

d) CPA: F 43.11.10.

2.2. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: o especificado na cláusula 12ª dos pregos de cláusulas administrativas particulares.

2.3. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 79.234,14 €. Importe total: 95.873,31 €.

2.4. Garantías exixidas:

Definitiva: 5 % do orzamento de licitación, excluído o imposto sobre o valor engadido (IVE).

2.5. Subcontratación: nos termos establecidos na cláusula 30ª dos pregos de cláusulas administrativas particulares.

2.6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica, financeira e técnica: a especificada na cláusula 13ª dos pregos de cláusulas administrativas particulares.

3. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23460

4. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 26 días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de presentación coincide en día inhábil, o prazo de presentación rematará o primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.

2º. Domicilio: rúa dos Camiños da Vida, s/n, Edificio Witland.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

c) Admisión de variantes: non.

5. Apertura de ofertas:

a) Descrición: apertura pública.

b) Enderezo: rúa dos Camiños da Vida, s/n, Edificio Witland.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante a data de apertura do sobre B.

6. Gastos de publicidade: o importe dos gastos de publicidade será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2015

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística