1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:
a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.
c) Obtención da documentación e información:
1º. Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.
2º. Enderezo: avenida de Vigo, 16.
3º. Localidade e código postal: Pontevedra 36003.
4º. Teléfono: 986 88 51 33.
5º. Telefax: 986 88 58 85.
6º. Correo electrónico: contratacionadministrativa.pontevedra@sergas.es
7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es
8º. Data límite da obtención da documentación e información: ata a data límite da presentación das ofertas, todos os días laborables (agás os sábados), das 9.00 ás 14.00 horas.
d) Número do expediente: AB-EIP1-15-012.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: contrato de servizos.
b) Descrición: servizo de alimentación a pacientes e persoal de garda, servizo de cafetaría para o público/persoal e explotación de máquinas expendedoras de bebidas quentes, frías e alimentos sólidos (vending) do Hospital do Salnés, centro dependente da Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.
c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: lote único.
d) Lugar de execución/entrega: Hospital do Salnés.
1º. Domicilio: r/ Hospital do Salnés, 30.
2º. Localidade e código postal: Vilagarcía de Arousa 36616.
e) Prazo de execución/entrega: 24 meses.
f) Admisión de prórroga: si.
g) CPV (referencia da nomenclatura): 55321000-6;55523000-2; 55320000-9; 55330000-2; 15894220-9; 55330000-2; 55300000-3; 42968000-9.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Criterios de adxudicación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
4. Valor estimado do contrato: 1.410.987,84 €.
5. Orzamento base de licitación:
a) Importe neto: 641.358,11 €.
b) Importe total: 705.493,92 €.
c) Canon mínimo anual: 8.750 €.
6. Garantías exixidas:
a) Provisional: non se exixe.
b) Definitiva (%): cinco por cento do importe da adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido.
7. Requisitos específicos do contratista:
a) Clasificación, de ser o caso (grupo, subgrupo e categoría): ver prego de cláusulas administrativas particulares.
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:
a) Data límite da presentación: antes das catorce (14.00) horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (no caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, rematará o día hábil seguinte), ou por correo na forma indicada no artigo 80 do Regulamento xeral de contratos das administracións públicas.
b) Modalidade da presentación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.
2º. Enderezo: r/ Loureiro Crespo, 2.
3º. Localidade e código postal: Pontevedra 36001.
4º. Enderezo electrónico: contratacionadministrativa.pontevedra@sergas.es
d) Admisión de variantes, se procede: non.
e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
9. Apertura das ofertas:
a) Descrición: procederase á apertura dos sobres B e C e darase lectura das propostas.
b) Enderezo: avenida de Vigo, 16.
c) Localidade e código postal: Pontevedra 36003.
d) Data e hora: a data e a hora da realización da apertura dos sobres B e C publicaranse no perfil do contratante: www.sergas.es
10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario. Ver prego de cláusulas administrativas particulares.
11. Outras informacións:
Pontevedra, 22 de setembro de 2015
José Manuel González Álvarez
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés