Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Luns, 26 de outubro de 2015 Páx. 41203

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 7 de outubro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, de información pública do expediente IN407A 2015/015-1.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 16, do 19 de xaneiro e BOE núm. 30, do 4 de febreiro), notifícaselles aos interesados descoñecidos, ausentes ou con enderezo descoñecido que se sinalan no anexo deste anuncio a Resolución do 21 de maio de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa, de construción e a declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Rianxo (IN407A 2015/015-1).

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado, polo que os interesados poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Sen prexuízo do anterior este anuncio publícase tamén no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 7 de outubro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

Anexo

Expediente: IN407A 2015/015-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: LMT, CT e RBT Rial.

Concello: Rianxo.

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados:

Predio

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

Apoio

Afeccións

Núm.

ml aér.

m² aér.

12

A Ínsua

Monte alto

Descoñecido

8.0

168.0

13

A Ínsua

Monte alto

Descoñecido

8.0

15

A Ínsua

Monte alto

Descoñecido

1/2 3

1.0

31.0

460.0

42

Chans

Labradío

Javier Gómez Rodríguez

5.0

57.0

43

Chans

Prado

Manuel Gómez Rey

21.0

207.0

47

Muíños

Labradío

Manuel Rial Mato

16.0

160.0