Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Luns, 26 de outubro de 2015 Páx. 41209

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 6 de outubro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2015160AL-PO, incoado por infraccións en materia de seguridade alimentaria.

O 22 de setembro de 2015, a xefa territorial da Consellería de Sanidade en Pontevedra ditou a resolución do expediente sancionador 2015160AL-PO, incoado á entidade PoisPois Brasil, S.L.

Intentada a notificación desta resolución segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e, ao abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle ao/a director/a xerente da entidade PoisPois Brasil, S.L. o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para presentar recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, avda. Fernández Ladreda, núm. 43, 1º, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

No caso de estar conforme con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no seguinte prazo: 1) se a notificación se realiza entre os días 1 e 15 do mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non fose hábil, ata o inmediato hábil seguinte e, 2) se a notificación se realiza entre os días 16 e último do mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou o inmediato hábil seguinte; todo iso mediante ingreso que deberá efectuar en calquera oficina de Abanca, BBVA transacción 1316 NIF S1511001H, Santander ou en http://www.cistec.es/conselleria , empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A eficacia desta notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Pontevedra, 6 de outubro de 2015

P.A. (Decreto 33/2014, do 6 de marzo; DOG núm. 53)
Rosa Agrasar Muíños
Xefa do Servizo de Xestión de Pontevedra

ANEXO

Número do expediente: 2015160AL-PO.

Denunciada: PoisPois Brasil, S.L., con CIF B36596971.

Último enderezo coñecido: travesía de Vigo, 56, 36205, Vigo.

Feito imputado: infraccións en materia de seguridade alimentaria.

Preceptos infrinxidos:

– Artigo 18 do Regulamento (CE) 178/2002, do 28 de xaneiro, polo que se establecen os principios e os requirimentos xerais da lexislación alimentaria, se crea a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria e se fixan procedementos relativos á seguridade alimentaria.

Tipificación: infracción leve, segundo o artigo 41.g) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia.

Sanción imposta: mil douscentos euros (1.200 €). Tamén se acorda o comiso e a destrución dos produtos intervidos cautelarmente no acordo de inicio do procedemento.