De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio, a resolución do expediente sancionador MON-CO-0176/2014-CAF.
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.
A persoa interesada poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Secretaría Xeral do Medio Rural e Montes-Servizo de Xestión Forestal, situadas na rúa San Lázaro, s/n, 1º andar, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.
Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, no prazo dun mes, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, de conformidade cos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Transcorrido este prazo sen presentar o dito recurso, está resolución adquirirá firmeza na vía administrativa e será inmediatamente executiva de conformidade co previsto no artigo 138.3 da mesma norma xurídica.
Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2015
Tomás Fernández-Couto Juanas
Secretario xeral do Medio Rural e Montes
ANEXO
Expediente: MON-CO-0176/2014-CAF.
Interesado: Juan Patiño Patiño.
Acto de notificación: resolución do expediente sancionador.
Último enderezo coñecido: Rumbo, 3, Culleredo (A Coruña).