Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Venres, 23 de outubro de 2015 Páx. 41080

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 30 de abril de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución e do estudo de impacto ambiental referidos á repotenciación do parque eólico Cabo Vilán, no concello de Camariñas, provincia da Coruña (expediente IN661A-2012/1).

Advertidos erros na Resolución do 30 de abril de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución e do estudo de impacto ambiental referidos á repotenciación do parque eólico Cabo Vilán, no concello de Camariñas, provincia da Coruña (expediente IN661A-2012/1), publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 95, do 20 de maio de 2014, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 22704, no sumario da resolución, onde di: «parque eólico Cabo Vilán», debe dicir: «parque eólico Cabo Vilano».

Na mesma páxina, onde di: «Denominación do proxecto: repotenciación do parque eólico Cabo Vilán», debe dicir: «Denominación do proxecto: repotenciación do parque eólico Cabo Vilano».

Na páxina 22706, na terceira liña do primeiro parágrafo, onde di: «parque eólico Cabo Vilán», debe dicir: «parque eólico Cabo Vilano».

Na mesma páxina, nas liñas terceira e cuarta do terceiro parágrafo, onde di: «parque eólico Cabo Vilán», debe dicir: «parque eólico Cabo Vilano».